Saturday 27 de April de 2024

A Deputación da Coruña investirá 90.200 euros na remodelación do Mercado Municipal de As Pontes e o seu entorno


Con este proxecto, preténdese dar unha imaxe máis dinámica e actualizada da praza de abastos e dotala de máis locais para aumentar os postos de traballo

A Deputación da Coruña investirá 90.200 euros no Concello de As Pontes para a remodelación do mercado municipal e do seu entorno.

As obras a financiar consisten na reforma de primeira planta, na que se substituirá o pavimento,pintaranse as paredes e o teito na zona dos novos postos de venta e substituirase a cuberta de claraboias para evitar filtracións. O proxecto inclúe unha nova compartimentación con locais duns 30 metros cadrados e, xa no exterior, demolerase o galpón e a edificación colindante co mercado. Tamén aquí se reporá o pavimento para que o entorno quede en boas condicións.

Así, con este proxecto, preténdese dar unha imaxe máis dinámica e actualizada da praza de abastos e dotala de máis locais para aumentar os postos de traballo. O orzamento total da reforma ascende aos 110.000 euros, dos que o 82% asume a Deputación.

Mellora do tráfico
Pero esta non será a única actuación que apoie a Deputación no Concello de As Pontes. O ente provincial achegará outros 40.000 euros (o 80% dun orzamento de 50.000 euros) para a construción dunha glorieta na intersección da avenida de Galicia, a rúa irmáns Tojeiro e Sergio Rivera Chao. O primeiro dos viarios é o que máis tráfico suma e, polo tanto, o que conta coa prioridade agora mesmo, pero coma na intersección existe unha superficie suficiente para encaixar unha rotonda de dimensións suficientes para garantir a seguridade, vaise proceder a este cambio circulatorio.

En concreto, a illeta central será de catro metros de diámetro, 0,50 metros de beiravías interior e dous carrís de 3,25 cada un. En total, a glorieta chegará aos 22 metros, unha medida adecuada para absorber o tráfico do entorno nun entorno urbano consolidado.

Na confluencia da rúa Irmáns Tojeiro e a avenida de Galicia, a previsión é habilitar dúas zonas de aparcamento co obxectivo de manter o mesmo número de prazas que ata o de agora. Cada unha delas disporá de entrada e saída para evitar así grandes manobras e mellor a seguridade viaria.